viernes, 28 de noviembre de 2014

"A melodía das dúas", diario radiofónico de Laura e Bea

Primeira proba 

A primeira proba foi o pasado Venres 21 de Novembro.

A verdade non saiu moi ben, pero  intentámolo, o noso programa tratará sobre música,intentaremos que para cando poidamos grabar nos saia moito mellor ainda que fará falla máis práctica.

Esperamos que vos guste: 

                                         

martes, 25 de noviembre de 2014

Programa de Filosofía de 2º de BAC




Presentamos a continuación un pequeno programa realizado en modo de probas por  Iris, Carla, Samuel, Macarena e Sara onde realizan unha entrevista ao profesor de Filosofía na procura de pistas para o exame .... e da verdade, como os antigos filósofos.

As mozas dos Dereitos Humanos (Proba)

domingo, 23 de noviembre de 2014

E aquí temos unha probiña de Radio Filosofía de Onda Cosme:

http://www.spreaker.com/embed/player/standard?autoplay=false&episode_id=5235567

Ponte.... nas ondas.





PONTE...NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia ( España ) e do norte de Portugal, coa participación de centros educativos doutros países.
Trátase dunha xornada que se iniciou coa emisión de 12 horas de programación radiofónica realizadas integramente por alumnos galegos e portugueses. Xa desde o ano 2003 chegou ás 24 horas de emisión con programas producidos por máis de 50 centros educativos. Estudantes de primaria, secundaria e ( desde a IX edición ) da Universidade, emiten programas de radio ( nas últimas edicións tamén de televisión por Internet ) elaborados por eles mesmos, en directo e en formatos moi diversos: concursos, variedades, música, entrevistas, conexións en directo entre diferentes estudos, etc. Aínda que o galego e o portugués son as linguas comúns da emisión, coa participaición de centros de Arxentina, Cuba, Chile e Colombia, o castelán tamén se incorporou á experiencia. Durante a xornada de comunicación os nenos e nenas dos todos os países participantes seguen a programación e participan activamente nela.

A motivación para empezar esta aventura foi a inauguración dunha ponte arquitectónica entre as localidades de Salvaterra de Miño (España) e Monçao (Portugal); entón, un grupo de 16 escolas decidiron establecer unha ponte de comunicación a través das ondas de radio. Aquel ano usáronse os estudos de Ecos dá Raia de Monçao (Portugal) e outro provisional situado na Casa da Cultura en Salvaterra de Miño (España); os mozos viviron con moita emoción aquela primeira xornada experimental de radio transfronteiriza e o éxito obtido forzou a súa continuidade.
Invítovos a visitar http://www.pontenasondas.org/es xa que, ademáis de ser un portal moi interesante, ben poidera ser un lugar propicio para xerar sinerxias coa Onda Cosme.

sábado, 22 de noviembre de 2014

Imos comenzar a facer radio a través de SPREAKER



Para comenzar a grabar os nosos primeiros programas radiofónicos imos  a traballar cunha sinxela ferramenta dinponible na web, tratase de www.spreaker.com , unha aplicación que nos vai permitir grabar os nosos programas sen descargar ningún programa e dende calquer terminal que teña conexión a Internet.

Deíxovos un completo titorial en Youtube onde se vos ensinará toda a técnica en apenas dez minutos, a partir de aí a imaxinación e as ganas de comunicar dependen de tod@s vos!



Animádevos. Para calquer dúbida non dudedes en poñervos en contacto co equipo da Radio Escolar en ondacosme@gmail.com.


martes, 18 de noviembre de 2014

Enrredos.

Enrredos é un programa de radio que polo de agora emite en período de probas. O equipo deste programa está formado por Xosé Manuel Castro, Sara Martínez Fernandez e Alba Bautista Caperán. Aquí vos deixamos unha proba inicial de Enrredos. 

martes, 4 de noviembre de 2014

Radio "On line"




Recollendo a tradición da vella Onda Cosme FM e actualizándoa coas novas TIC´s, propoñemos a toda a comunidade educativa a oportunidade de crear os sus programas on line a trevés de http://www.spreaker.com/, unha web que nos vai permitir grabar e pendurar progamas na rede.



Proposta dunha Radio Escolar

Prezad@s amig@s do IES Cosme Rodríguez.

Dende o EDLG surde a idea abrir un espazo radiofónico por Internet coa idea de formantar o uso das TIC´s entre o alumnado e dotar ao centro dun novo canle de comunicación.

Este blog nace, por tanto, coa idea de ir amosando os nosos traballos nese eido.

Non deixedes de participar con nós!!!