sábado, 19 de diciembre de 2015

Deportes 4 FM

Quedades na compaña dos alumn#s de 3º de ESO para recibir toda a paixón futbolera a traves das ondas da radio escolar. 






viernes, 18 de diciembre de 2015

A Filosofía Clásica no Bacharelato.

Penduramos este mes de decembro dous programas realizados polas alumnas de 2º de Bacharelato que están nunha sorte de programa de alto rendemento no eido da Filosofía.

Esta primeira pista que vos deixamos e unha entrevista a Carla Álvarez e a Gema Estévez sobre duas obras que teñen un indudable interés para todos aqueles amantes do saber, se trata de Os Elementos de Euclides e da obra do profesor italiano G. Colli O nacemento da filosofía.




Esta segunda pista que vos deixamos a continuación e un diálogo cos alumnas de 2º de Bacharelato Ana Nogueira,  Sara Martínez e Mayte García sobre as súas investigacións no eido da da Filosofía Grega, particularmente expresan a súas opinións tralo traballo coa Política de Aristóteles e o Banquete de Platón.



Foi un diálogo moi improvisado en pleno axetreo avaliativo, sen moio traballo na escaleta nin a nivel técnico-musical, pero si que amosa o enorme traballo que están a desenvolver estas rapazas nas aulas de Historia da Filosofía.

sábado, 21 de noviembre de 2015

Alkatraz (en modo de probas)

Deixo un progrma -en modo de probas- para que vos vaiades facendo unha idea da tematica que van a tratar estes rapaces/zas da FP Básica en Alkatraz. Hai algúns erros de guión, locución e técnicos, pero estou seguro que para vindeiras retrasmisións Alkatraz será todo un éxito.

Charla entre rapeir@s no novo programa R.A.P.

R.A.P. é un dos programas de rap en OndaCosme FM realizado polos alumn@s de FP Básica, Un guión rediofónico cheo de "flow" e música burladeira por un tubo!

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Acoso escolar

O programa de hoxe fala sobre o acoso escolar ou bullying. Non deixedes de escribir os vosos comentarios e suxerencias para vindeiros programas.

jueves, 11 de junio de 2015

miércoles, 3 de junio de 2015

Radio AF, a radio dos anxos.

Eiquí tedes a derradeira edición de RADIO AF. Parabéns aos xornalistas Laura, Antonio, Desi e Sara  de 4º da ESO que traballaron dabondo todo o curso facendo achegas interesantísimas a ONDA COSME FM.

viernes, 29 de mayo de 2015

Entrevista a Maraina Rajoy en Enredos.

Unha delirante parodia, chea de ironía política, interpretada por un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato. 

Eterno Retorno.

Un interesante programa realizado por Olaia, Iris e Sara onde queda vista a influencia de certos youtubers nunha apaixonada lectura do mito do Eterno Retorno.

A vida sen música sería un erro.

Un programa realizado por Samuel e Pablo onde tratan un interesante tema, a relación de Nietzsche coa música. A nivel técnico conseguiron un magnífico resultado xa que xa tiñan experiencia radiofónica.

jueves, 21 de mayo de 2015

Nizsche e as mulleres.

Deixamos pendurado un programa realizado polas nosas compañeiras de 2º de bacharelato Alba, Carla, Macarena, Belén e Cris. É certo que ten algunhas eivas, pero tamén é certo que trata un tema moi interesante e que o pasamos moi ben emitindo dende a Onda Cosme.... un magnífico broche de fin de curso!



martes, 28 de abril de 2015

Programa freudiano.

O gran Alejandro Dolina facendo unha homenaxe radiofrónica a Freud.

https://www.youtube.com/watch?v=_TO0fH5i-PM

viernes, 17 de abril de 2015

Las gafas de Nietzsche

Deíxovos cun programa de raigame nietzscheano para que inspire os vosos programas sobre o nihilismo e o irracionalismo,



martes, 14 de abril de 2015

Un exemplo de radio alternativa.

Deixo un link dun programa de creación literaria que se emite na Radio Contrabanda FM de Barcelona, e que me parece un liña de experimentación literaria e vital que ben pode servirnos de inspiración para estimular a nosa creatividade rediofónica.








lunes, 13 de abril de 2015

Entrevista á orientadora

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Cosme López Rodriguez realizaron unha interesante entrevista sobre psicoloxía e educación a Berta Pérez, a orientadora do noso instituto. Disfrutade do programa pois é moi interesante!



jueves, 19 de marzo de 2015

As Ibrahímicas na radio escolar

Neste noso primeiro programa, as Ibrahímicas  estreamos a radio escolar cunha interpretación dun fragmento do libro " O señor Ibrahim e as flores do Corán" por  Aldara e Silvia, presentado por Raquel e regulado por Marta Yáñez dende a clase de 2º A.


viernes, 13 de marzo de 2015

Radio Kamikaze

Un programa especial adicado ao problema do maltrato as mulleres. O programa ten algúns problemas de edición pero os seus contidos son moi interesantes.


jueves, 12 de marzo de 2015

Un novo programa de 1ºB.



@s nos@s amig@s de 1º B fixeron o seu primeiro programa de radio entrevistando ao profesor de Filosofía, Xosé M. Castro. Para ser a primeira vez que fan radio témolos que felicitar, aínda que deberían mellorar algunhas cuestión de son.



jueves, 5 de marzo de 2015

The Bad Girls. Especial Simpsons

Nesta entrega The Bad Girls as nosas  locutoras discuten con Anxo Pèrez sobre a popular serie de televisión  LOS SIMPSONS .


sábado, 28 de febrero de 2015

Campus Científicos: unha boa idea para publicitar pola radio.



Ábrese o prazo para a inscripción de alumn@s de 4º de ESO e 1º de Bacharelato nos Campus Científicos para xóvenes. Coido que é unha boa idea para publitar na radio. Eiquí deíxovos o enlace por se queredes ter máis información.


lunes, 2 de febrero de 2015

A radio visita a radio escolar.

Deíxovos cunha iniciativa moi interesante, trátase da visita dos xornalistas de Cadena SER FM ao IES Salvador de Marianaga. Coido que ben podería ser unha idea que poidera funcionar coa nosa pequena radio escolar, e que ben poideramos invitar aos xornalistas profesionais da contorna a compartir as nosas experiencias radiofónicas. Se tedes algunha suxerencia ao respecto non deixedes de poñervos en contacto coa Onda Cosme FM.





martes, 20 de enero de 2015

Entrevista á psicóloga Katia Rolán.



Neste programa especial de Enredos onde algúns alumn@s de 1º de bacharelato entrevistaron á psicóloga forense Katia Roldán no marco da materia de Filosofía e Cidadanía. Sentimos a pausa que hai no medio do programa, un lamentable erro técnico que para nada desvirtúa as lúcidas ideas vertidas por Katia na entrevista.




martes, 13 de enero de 2015

Día mundial da Radio: quince maneiras de celebrar el Día Mundial de la Radio



  1. Hoxe, 13 de febreiro, a ONU celebra o Día Intenacional da Radio, para poñer en valor iste medio de comunición que continua a ser esencial a nivel mundial. Para celebrar ista efemeride dende Onda Cosme FM repoducimos algúns consellos que nos chegan dende a UNESCO para desenvolver na nosa radio. A mensaxe di o seguinte:

  2. "Ayudando a transmitir el audio,  el video y los mensajes escritos de la  Directora General de la UNESCO en el Día Mundial de la Radio en todas las radios públicas, privadas y comunitarias. (En preparación)
  3. Transmitiendo los mensajes de partidarios del Día Mundial de la Radio que incluye a los Artistas de la UNESCO para la paz, expertos de la industria y famosos defensores de la radio. (2014 mensajes próximas | pegar mensajes )
  4. Elaborando un programa de radio o un anuncio de servicio público de uno de los subtemas de la UNESCO para el Día Mundial de la Radio 2014 para ser emitido en varias ocasiones, el 13 de febrero de 2014.
  5. Organizando y difundiendo debates y discusiones temáticas sobre el Día Mundial de la Radio con los actores de ​​los medios de comunicación (emisoras , responsables políticos, académicos, la comunidad legal) sobre la cuestión de la igualdad de género en la radio.
  6. Organizando llamadas en directo en programas de radio para que los oyentes puedan discutir la importancia de la radio, compartir sus recuerdos de los grandes momentos de la historia de la radio, y dar sus puntos de vista sobre la igualdad de género.
  7. Entrevistando a personalidades locales, regionales y nacionales de la radio en el Día Mundial de la Radio.
  8. Compartiendo las grabaciones de su programa de radio y de las otras emisiones  temáticas del Día Mundial de la Radio en la página SoundCloud Día Mundial de la Radio de la UNESCO.
  9. Añadiendo un enlace a su programa de radio favorito sobre la igualdad de género y el empoderamiento de las mujeres en nuestro mapa de todo el mundo.
  10. Realizando sesiones de formación para locutores y emisoras jóvenes utilizando el Radio Kit de herramientas para la Juventud de la UNESCO
  11. Exponiendo y distribuyendo el curso de formación de producción de radio de la Plataforma de formación abierta de la UNESCO.
  12. Exponiendo y distribuyendo productos libres de la UNESCO sobre la radiodifusión
  13. Uniéndose a la Comisión Nacional para la UNESCO de su país para facilitar la celebración de eventos nacionales.
  14. Poniendo nuestra bandera del Día Mundial de la Radio en su canal de medios sociales o sitio web y animando a los editores de periódicos, radio, televisión y sitios web a colocar un banner en sus sitios durante el Día Mundial de la Radio el 13 de febrero.
  15. Celebrando El Día Mundial de la Radio con la Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC), worldradioday.org o con las asociaciones de radios comunitarias locales.
  16. Grabando un mensaje del Día Mundial de la Radio y compartiéndolo con el mundo".

viernes, 9 de enero de 2015

O subidón de estar todos unidos

The Bad Girls

Jugones Onda Cosme


Programa deportivo realizado polos alumnos de 4º de ESO.



Cheste on line

Truli FM


Un programa realizado polos alumnos de 4º de ESO sobre os Dereitos Humanos.









dinamita_marchita



Programa realizado por alumnas de 4º de ESO sobre os Dereitos Humanos.




Informativos 24h

Chemismo FM



Programa realizado por alumnos de 2º de ESO sobre os Dereitos Humanos.


O benestar das persoas.

jueves, 8 de enero de 2015

A transición contada aos nosos pais.



El Planeta de los Libros é un programa de radio feito dende o Círculo de Bellas Artes que versa sobre crítica literaria. Neste programa temos a oportunidade de escoitar a Juan Carlos Monedero do seu libro La transición contada aos nosos pais, un bon exemplo de asomarse aos libros que reflexionan sobre problemas cívicos e políticos. Para escoitar o programa de radio premer eiquí.






lunes, 5 de enero de 2015

Un novo ano, un novo calendario dende aldeasgalegas.com