sábado, 19 de diciembre de 2015

Deportes 4 FM

Quedades na compaña dos alumn#s de 3º de ESO para recibir toda a paixón futbolera a traves das ondas da radio escolar. 






viernes, 18 de diciembre de 2015

A Filosofía Clásica no Bacharelato.

Penduramos este mes de decembro dous programas realizados polas alumnas de 2º de Bacharelato que están nunha sorte de programa de alto rendemento no eido da Filosofía.

Esta primeira pista que vos deixamos e unha entrevista a Carla Álvarez e a Gema Estévez sobre duas obras que teñen un indudable interés para todos aqueles amantes do saber, se trata de Os Elementos de Euclides e da obra do profesor italiano G. Colli O nacemento da filosofía.




Esta segunda pista que vos deixamos a continuación e un diálogo cos alumnas de 2º de Bacharelato Ana Nogueira,  Sara Martínez e Mayte García sobre as súas investigacións no eido da da Filosofía Grega, particularmente expresan a súas opinións tralo traballo coa Política de Aristóteles e o Banquete de Platón.



Foi un diálogo moi improvisado en pleno axetreo avaliativo, sen moio traballo na escaleta nin a nivel técnico-musical, pero si que amosa o enorme traballo que están a desenvolver estas rapazas nas aulas de Historia da Filosofía.