viernes, 29 de mayo de 2015

Entrevista a Maraina Rajoy en Enredos.

Unha delirante parodia, chea de ironía política, interpretada por un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato. 

Eterno Retorno.

Un interesante programa realizado por Olaia, Iris e Sara onde queda vista a influencia de certos youtubers nunha apaixonada lectura do mito do Eterno Retorno.

A vida sen música sería un erro.

Un programa realizado por Samuel e Pablo onde tratan un interesante tema, a relación de Nietzsche coa música. A nivel técnico conseguiron un magnífico resultado xa que xa tiñan experiencia radiofónica.

jueves, 21 de mayo de 2015

Nizsche e as mulleres.

Deixamos pendurado un programa realizado polas nosas compañeiras de 2º de bacharelato Alba, Carla, Macarena, Belén e Cris. É certo que ten algunhas eivas, pero tamén é certo que trata un tema moi interesante e que o pasamos moi ben emitindo dende a Onda Cosme.... un magnífico broche de fin de curso!